Desparasitación


As nosas mascotas son un membro máis da familia e debemos coidalas como se merecen. Ao igual que garantimos o seu exercicio físico paseándoos ou coidamos da súa hixiene, as desparasitacións son moi importantes para manter os nosos animais sans.

Os parques, campos e rúas son ambientes propicios para que se contaxien.

Debemos ter en conta que a saúde do noso compañeiro é tamén a nosa saúde, xa que hai algúns parasitos que se poden transmitir ás persoas.

En función da localización no animal temos dous grupos de parasitos: externos e internos.

No grupo dos externos destacan:

Pulgas: O primeiro síntoma que vemos cando a nosa mascota está afectada por pulgas é a comechón producida polas súas mordedelas, que é moi molesto.

Carrachas: Son visibles a simple vista e poden ser á súa vez transmisoras doutras enfermidades como por exemplo Babesia, que é un parasito que afecta ao sangue.

Ácaros: Son microscópicos e provocan as coñecidas sarnas que dan lugar a grandes alteracións no pelo e poden transmitirse ás persoas.

No apartado dos internos, hai múltiples parasitos que afectan principalmente ao sistema dixestivo. Os máis comúns son as lombrigas e as tenias, que provocan alteracións dixestivas e diarreas graves tanto en cachorros coma en adultos. Ademais, algúns pódense transmitir ao ser humano, de aí a importancia de realizar unha correcta prevención, con tratamentos que cubran o máximo posible fronte a estes patóxenos.

tigre-chip