Coñécenos


Quen somos?

Novavet Consulta Veterinaria é un centro diferente ao que estamos afeitos ao pensar nun espazo veterinario.

O noso obxectivo é atender as necesidades das túas mascotas e facer alcanzable para todo o mundo o coidado destas. Somos profesionais responsables, e ao mesmo tempo próximos. Gústanos estar continuamente a aprender para ofrecerlle ao teu compañeiro o mellor tratamento.

Temos ademais un apartado dedicado a complementos e alimentación da mellor calidade.

Queremos que o cliente sinta que non só coidamos da súa mascota senón que tamén coidamos del ofrecéndolle prezos económicos.

Estamos situados en pleno centro de Lugo, cun acceso doado tanto a pé coma en coche, con aparcadoiros próximos. Esperámosvos!

Equipo

Javier Soriano Sutil, licenciouse na Facultade de Veterinaria da Universidade de Santiago de Compostela no ano 2007. Dende entón, centrou a súa actividade profesional na atención de pequenos animais e desenvolveu a súa carreira en clínicas e hospitais de referencia de Ferrol e A Coruña.

Especializado en medicina interna, dermatoloxía e medicina preventiva; Javier é un veterinario de confianza que coida de mellorar a saúde e o benestar dos nosos pequenos compañeiros prestando os seus servizos cun trato agradable, comunicativo e moi profesional.

conocenos-javier


As nosas marcas



Enlaces de interese