Vacinas


As vacinas comezan a aplicarse a partir dos 45 días de idade en cachorros, xa que é o momento en que comezan a perder os anticorpos que lles proporciona a nai co leite. Con esta fase de vacinación o cachorro quedará inmunizado fronte ás principais enfermidades. Unha vez rematada, póñense doses de reforzo anualmente durante toda a vida do animal para así manter activa a súa resposta inmune fronte aos patóxenos.

A vacinación só é efectiva se o animal está san e correctamente desparasitado, pola contra poderíase producir unha resposta inadecuada.

As vacinas que se aplican serven para protexer as nosas mascotas contra os principais virus que poden atacalas.

En cans estes virus son Parvovirosis, Moquillo, Hepatite, Leptospirse, Parainfluenza e Rabia. En Galicia non é obrigatorio vacinar fronte á rabia, pero dado que se pode transmitir de animais a humanos, é recomendable poñela igualmente.

Aos gatos aféctanlles principalmente os virus de Panleucopenia, Calicivirus, Rinotraqueitis, Leucemia e Peritonite infecciosa.

Os coellos pódense ver afectados polos virus de Mixomatoxe e Enfermidade vírica hemorráxica.

Nos furóns é moi común o virus da rabia, e por iso deben tamén ser vacinados.

vacunas