Os Nosos Servizos


A nosa filosofía

Queremos coidar das necesidades do día a día do teu compañeiro e asegurarnos de que a túa mascota estea chea de saúde.

Cada animal de compañía é único non só para o seu dono senón tamén para nós e por iso nos parece que os coidados preventivos periódicos son un bo xeito de mantelo cheo de saúde e feliz.

Para darlle os mellores coidados parécenos que o mellor é coñecer ben a túa mascota e para iso buscamos un trato próximo contigo que nos axude a ter a información necesaria para saber en todo momento cal é o estado da túa mascota.