A identificación con microchip e a expedición do pasaporte realízanse unha vez en toda a vida do animal. É para a nosa mascota como para nós o DNI.
Un microchip é un dispositivo do tamaño dun gran de arroz que se implanta baixo a pel, á altura do colo e está asociado a un código numérico no que se inclúen os datos do animal e os teus como propietario.
A colocación do chip ten varias vantaxes, como son a de facilitar encontrar o noso animal en caso de perda ou roubo, para evitar o seu abandono e para levar un censo de animais.
Co microchip, podemos localizar o propietario e coñecer todos os datos do animal. Ademais non ten efectos secundarios, non dá reaccións alérxicas, non dá ningún problema á hora de aplicalo e é para sempre.